pacificar

Restituír a paz en algo ou alguén que estaba en guerra ou discordia

Etimoloxía

Palabra que se toma da latina pacificare que significa ‘tratar da paz’.

Exemplos *

“Anthony Tucho Bouza é coñecido aínda como o emperador do Bronx. Nos suburbios de Nova York e en Hollywood. O alcalde neoiorquino encargoulle a finais dos 60 pacificar as rúas máis broncas, cantadas polo poeta Allen Ginsberg nuns versos memorables” (Santiago Romero: Luzes, 12-2013)

“Nun primeiro momento, e como había moito que facer para pacificar o país, Chan Chan apenas atraeu a atención dos colonizadores, pero despois, cando xa comezaba a quedar enterrada polas areas arrastradas polos ventos do leste, comezaron a circular lendas sobre un gran tesouro enterrado naquelas ruínas.” (Xerardo Neira: Galicia Hoxe, 19-4- 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.