pacifismo

Doutrina que rexeita a violencia e propugna a paz e o desarmamento

Etimoloxía

Préstamo do francés pacifisme, de significado semellante.

Exemplos *

“O discurso da diferenza está asociado a unha ética dualista, que é o miolo do pensamento patriarcal. Muller: natureza, bos sentimentos, compaixón, pacifismo...” (María Xosé Queizán: Anti natura, 2008)

“O pacifismo e en especial o movemento antinuclear nutriuse en grande medida de mulleres, que chegaron a adquirir un marcado protagonismo e a conformar agrupacións antinucleares exclusivamente femininas.” (Carmen Blanco: O contradiscurso das mulleres. Historia do proceso feminista, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.