padecemento

Dor física ou moral

Etimoloxía

Voz derivada sobre o verbo “padecer” que nos leva ao latín *patiscĕre, de pati ‘sufrir’.

Exemplos *

“María de Escocia fíxome varias preguntas concernentes ao sufrimento, o padecemento de don Xoán nas súas últimas horas, e se morrera consonte á parafernalia do ritual católico: a confesión, a Extrema Unción etc.” (Manuel Gago: O anxo negro, 2016)

“O caso é que Branca sufrira unha longa enfermidade que lle ocasionara moitos padecementos, de maneira que a súa morte foi sobre todo unha liberación.” (Celia Díaz Núñez: Unha verdade amarga, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.