padriño

Tratamento que os netos lle dan ao avó, por ser tradición que este fose o patricio de bautizo dos máis vellos

Etimoloxía

Palabra que deriva do latín vulgar *patrinu que é un derivado do clásico pater, patri ‘pai’.

Exemplos *

“De cativo, eu ía con meu pai a todas partes; con el por uns sitios e co padriño, o meu avó Chavián o Vello, por outros.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

“Sabían que algo malo estaba a pasar , mais non comprendían o que era. —Quen morreu, padriño, quen morreu? —preguntábanlle ó avó. —Ninguén, meus nenos, non morreu ninguén. É que marchan as rapazas e á madriña dálle pena que se vaian.” (Manuel Iglesias Turnes: As rapazas de Xan, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.