O padriño e a madriña, do bautismo ou do matrimonio
Etimoloxía
Termo que procede do latín vulgar *patrīnus, derivado este a voz latina pater, patris 'pai'.
Exemplos *
“Franquila e Marina deixaban en legado algúns bens a un matrimonio formado por unha tal Beatriz López e un tal Manuel Basanta, que se asentaran con fortuna naquelas terras americanas e que foran padriños do primeiro dos seus fillos.” (María Oruña: O souto dos catro ventos, 2012)
“O rapaz Eduardo Pondal debeu achegarse a Bamiro para visita-lo seu tío e padriño, de quen tomara o nome. Era lóxico, dados os agarimos e regalos que os afillados sabían que lle daban os seus padriños.” (Xosé María Lema Suárez: O Correo Galego, 12-5-2002)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


