paella

Prato típico de Valencia, que ten como ingrediente principal o arroz, ao que se lle pode engadir carne, peixe, marisco, legumes etc.

Etimoloxía

Préstamo do valenciano paella, este do francés antigo paele, hoxe poêle 'tixola', e este do latín patella 'prato no que se cociñaba'.

Exemplos *

“Eu fixéralle unha paella a el, cando estabamos comendo, dixo que aquel arroz non estaba bo, que o arroz bo para as paellas era "La Cigala". Eu díxenlle: –Cala.” (Marcial Gondar: Mulleres de mortos. Cara a unha antropoloxía da muller galega, 1991)

“Para el que puidese uliscar os avións era proba de que entre os seus antepasados había algún can de caza. –Cando acabe a guerra iremos á aldea e levareino a cazar coellos. Soño todas as noites cunha paella de coello.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.