paifoco

Paxaro da familia dos túrdidos, de cor olivácea nas partes superiores, coa parte dianteira da cabeza e da gorxa e o peito rubios e o ventre abrancazado

Etimoloxía

Este termo, segundo as persoas que o estudaron, é froito dunha creación expresiva.

Exemplos *

“Paxaro cantareiro e inconfundíbel, o familiar paporrubio recibe multitude de nomes ao longo de toda a xeografía galega como pisco, paporroxo, paifoco, paporroibo ou peizoque.” (Ramsés Pérez: Nós Diario, 6-4-2022)

“Un corvo atravesou a fraga polo alto emitindo un longo chío seco, único, que soou profundo naquel monte invernal case nu. Dalgunhas árbores esfolladas saíron entón algúns paifocos que semellaron moi miudiños, case invisibles de non ser polos seus chíos insistentes da mañá.” (Antía Nara: Cara ao leste, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.