pailebote

Embarcación antiga de vela, polo xeral dedicada á cabotaxe, de dous ou máis mastros normalmente iguais, con aparello semellante ao da goleta

Etimoloxía

Termo que se forma sobre o vocábulo inglés pilot's boat 'bote do piloto'.

Exemplos *

“Anos despois, eu, alistado na Armada da Santa Compaña, navego con Manuel Antonio, por océanos sen horizonte, nun pailebote branco. Estamos na ría de Arousa e atracamos en Sete Fogas.” (Ricardo X. Losada: O xene da chuvia, 2005)

“Os "pailebotes", construídos até a I Guerra Mundial no Freixo ou en San Cibrao seguindo unha tipoloxía "internacional", temperada, non obstante, por solucións técnicas tradicionais transmitidas de pais a fillos nas carpinterías de ribeira locais.” (Dionisio Pereira: Foulas e ronseis (Retrincos para un tratado do mar dos galegos), 2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.