Intenso amor sensual.
Etimoloxía
A palabra procede do latín tardío passio, –onis con significado semellante.
Exemplos *
"Co tempo, aquela paixón inicial da adolescencia pola tía Xenoveva conformaríase noutras paixóns xa menos ideais." (Manuel Forcadela: Paisaxe con muller e barco)
"O que eu sinto por ti é o compendio de todas as paixóns e de todos os afectos…" (Laura Caveiro: As naos afondando)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


