palabra

Son ou conxunto de sons que expresan unha idea e constitúen unha unidade autónoma / Representación gráfica dese conxunto de sons

Etimoloxía

Voz que ten a súa orixe na do latín clásico parabola que significaba ‘comparación’, mais no latín tardío adoptou as acepcións de ‘proverbio’ e ‘parábola’ que bebía do grego parabolé.

Exemplos *

“Hai que ir a buscar as palabras do galego ás bisbarras onde aínda se manteñen puras; cómpre unha laboura paciente e consciente, de anotación de vocábulos populares. A variedade e a riqueza idiomáticas na nosa terra, son cousa certa que aínda non ten sido revelada como debera.” (Francisco Fernández del Riego: Cos ollos do noso esprito, 1949)

“En Galicia chove, pero non tanto. Malia que teñamos máis de cen palabras para designar a choiva, a realidade é que non vivimos nun país que destaque especialmente polas súas precipitacións.” (Victoria García: GCiencia. O portal da ciencia galega, 2019)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.