Vivenda prehistórica construída sobre piares nun lago, pantano etc.
Etimoloxía
Procede do termo italiano palafitta de significado análogo e este é un híbrido dos vocábulos latinos palus 'pau' e fictus 'fixo', 'cravado'.
Exemplos *
"Na parte chá, asolagada, sobresaían as cabanas de venda de bebidas e tapas, co seu xeito de palafitas, feitas en madeira, con cuberta de palla, palmeira ou xestas secas, e sostidas en postes fondamente espetados na area." (Manuel Rivas: Os libros arden mal)
"Días máis tarde, un pescador observou como o forasteiro construía unha especie de palafita preto da illa da Saimia, e como chantaba pontes de troncos no medio da auga para comunicar o seu mundo coa beira máis próxima do río." (Lino Braxe: A cor do ceo)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.