palestino, -a

Persoa natural ou habitante de Palestina

Etimoloxía

Xentilicio que se crea desde o latín palaestinus co significado semellante.

Exemplos *

“Entre xullo e agosto, dez palestinos aprenderon, coa cultura galega, como vivir lonxe do seu conflito diario, inesquecible, pois a maioría deles portárono nos seus pasaportes e maletas.” (Moncho Iglesias Míguez: Tempos Novos, 9-2008)

“Un número indeterminado de palestinos, por outra banda , vive nos Estados Unidos e Europa.” (R.O.: O Correo Galego, 28-12-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.