pallaso -a

Artista, xeralmente de circo, que fai rir a xente polo seu aspecto, xestos, respostas etc.

Etimoloxía

Sitúase a súa orixe no italiano pagliaccio ‘saco de palla’, obxecto con que se comparou o pallaso pola súa aparencia.

Exemplos *

“Pipo quita o disfrace de pallaso e descobre a Ken o guerreiro de xeo.” (Carlos Losada: Game over)

“Enfermeiras, limóns, acios de uvas, pallasos, arlequíns, monecos de neve, a práctica totalidade dos animais presentes nun zoolóxico, bailarinas, militares e un garda civil que axudou á policía local a regular o tráfico foron outros dos disfraces que puideron verse no desfile.” (Marisa Martínez: O Correo Galego 19-02-1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.