palleira

Morea de herba seca ou de palla, das mesmas características ca a anterior, que se fai na eira para ter alimento para o gando no inverno / Lugar onde se garda a herba seca ou a palla e tamén os apeiros e o carro

Etimoloxía

Voz derivada por sufixación desde a base “palla” que procede do latín palea de significado semellante.

Exemplos *

“Xa me dirás ti, un inverno sen herba para acomedar a tanta facenda. Quince cabezas de gando coa palleira baleira, han de comer... toxos!” (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo. Contos da Ribeira Sacra, 2013)

“Era unha grande fotografía, aérea, do pazo, dos viñedos e das leiras dos contornos; os batáns do río, as palleiras de gran e a capela co seu atrio, e o pequeno pórtico, rodeado de grandes bancadas de pedra.” (Xesús Valcárcel: Matar o tempo, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.