Morea de palla ou de herba seca en forma de cono, que se fai na eira de tal xeito que non se molle coas chuvias
Etimoloxía
Voz derivada sobre “palla” que procede destoutra latina palleam de significado semellante.
Exemplos *
“O verán tamén era andar a rolos polos palleiros de herba seca. Non había prado de herba seca, xa segado, que non visitásemos. Un ano, tan excesiva debeu ser a nosa actividade escaladora que mesmo lle chegaron queixas á miña nai.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)
“Logo botaron man das pandeiretas e houbo ruada na eira ata a noite que tiveron que volver poñer a mesa. Moita xente fora dar á casa despachar os animais, pero tamén había ben deles que botaron a tarde durmindo arredor do palleiro e das medas do froito.” (Manuel Iglesias Turnes: As rapazas de Xan, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.