palloza

Vivenda de planta oval ou redonda, que está feita de pedra e cuberta de palla.

Etimoloxía

Palabra creada sobre palla e esta vén do latín palea, –ae 'palla'.

Exemplos *

"A carón da refinería, no lugar da Moura, o tellado aberto da fábrica de aluminios fumegaba como as pallozas a través do teito de palla de centeo ou as casas tradicionais a través das tellas vencidas polo brión." (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK)

"O castro erguíase na montaña, moitas máis pallozas ca todas as do val xuntas, defendidas por catro ou cinco murallas de terra." (Xosé Miranda: Infancia e desventura de Lino Carrán)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.