pamela

Sombreiro de muller de aba ancha e flexible.

Etimoloxía

A denominación deste sombreiro tomouse dunha personaxe novelesca de Samuel Richardson.

Exemplos *

"Traía un traxe de verán, moi floreado, e unha pamela vermella." (Ramiro Fonte: As regras do xogo)

"… subía apresuradamente o camiño por entre os fieitos, suxeitando a súa pamela amarela para que o vento do mar e o aire da súa furia non lla arrebatasen." (Antón Lopo: Ganga)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.