pan de cobra

Fungo que ten un pé ou talo rematado nunha especie de sombreiro, do cal existen varias especies que poden ser comestibles ou non

Etimoloxía

Coloquialismo formado por “pan” que vén do latín panis e “cobra” de procedencia latina colubra ‘serpe’ que pretende indicar a posible letalidade dalgúns cogomelos.

Exemplos *

“Cóllense tres presadas de terra (a primeira, nun formigueiro; a segunda, nunha encrucillada; e a terceira, nunha toxeira moi húmida onde haxa bastantes cogomelos dos popularmente coñecidos polo nome de pan de cobra.” (Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, 2011)

“O sombreiro de sapo ou pan de cobra son os nomes micofóbicos (de repulsa) populares polos que se coñecen ós cogomelos na zona.” (Mariano García e Fina Casalderrey: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico, 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.