pan de ovo

Doce en forma de rosca feito con ovos, leite, fariña e azucre

Etimoloxía

Frase formada pola palabra “pan” que procede da latina panis e “ovo” tamén do latín ovum.

Exemplos *

“Que ben que o vexo. Acabo de enfornar un pan de ovo e tiña pensado levarlle despois a proba. Se me acompaña á casa, xa llo corto.” (Antonio Manuel Fraga: A virxe das areas, 2017)

“Mesmo cando a diario non papabas todo o ben que ti quererías, naquela data sinalada todo o mundo gastaba a esgalla e xantabas xamón e pan de ovo.” (Xesús Flores e Xosé Mejuto: Historia do Deportivo, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.