pan de sapo

Fungo que ten un pé ou talo rematado nunha especie de sombreiro, do cal existen varias especies que poden ser comestibles ou non

Etimoloxía

Frase formada por “pan” que vén do latín panis de significado semellante e o substantivo “sapo”, crese que deste procede dunha voz prerromana, de orixe onomatopeica.

Exemplos *

“En Galicia entendemos por pan dende as plantas de trigo en agraz a outros produtos como pan de Deus, ou pan de sapo, que así se coñecen algúns cogomelos.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantezas, 2012)

“Os fungos alucinóxenos mesturáronse con animais vencellados ás operacións de maxia, como son os sapos e as cobras. Que é a razón pola que moitos nomes de fungos en pobos micófobos fan referencia a aqueles animais. (...). Os nomes galegos «pan de sapo» ou «paraugas de sapo» refírense a tódolos tipos de fungos” (Marisa Castro Cerdeda e Luís Freire García: Guía das setas ou cogumelos comestibles de Galicia, 1982)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.