Persoa que se dedica a facer ou a vender pan
Etimoloxía
Palabra derivada sobre “pan” que vén do latín panis de significado semellante.
Exemplos *
“Ó cabo doutro pouco chega unha velliña, logo o rapaz do panadeiro, despois o tranviario, e mesmo unha mestra retirada, traendo todos algún anaquiño de Xoán: unha perna, unha orella, o nariz...” (Gianni Rodari: “O paseo dun distraído”, Contos ó teléfono [trad. Xela Arias], 1986)
“O pan número 351. Saboréeo, pois vaille fresco e será a única vez que o probe, porque a panadeira foi a miña tía Castora. Especial para vostede. Un pracer.” (Miguel Anxo Fernández: Bícame, Frank, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.