panamá

Sombreiro masculino de aba ancha, feito xeralmente de follas de pita.

Etimoloxía

Procede do topónimo Panamá, país desde onde se exportaban estes sombreiros.

Exemplos *

"… estaba a se bandear co sombreiro panamá e as maracas de Conchi, mentres agarimaba con bicos a testa do seu compañeiro, o pavo voador, que tiña na súa ollada animal a tona vidrosa e encarnada que adoitan ter os defuntos." (Antón Riveiro Coello: Casas baratas)

"… baixaban das lanchas, coas súas roupas brancas, caxato de bambú e sombreiro panamá, encamiñándose ós Cantóns e amenizando o paseo con aturuxos e cánticos …" (Bieito Iglesias: Vento de seda)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.