panceiro, -a

Moi amigo de comer pan

Etimoloxía

Palabra derivada sobre o substantivo “pan” que vén do latín panem ‘pan’.

Exemplos *

“E en dúas ou tres horas, despois da amasada, aquilo estaba moi medrado e con calor. Había vida! E daba unha fornada de pan para unha familia de dez ou máis panceiros.” (Xaquín Campos Freire: Galicia Dixital, 12-4-2018)

“Si, son moi panceiro. Desde sempre. E entre tanta fariña e tanto glute aparéceme no extracto unha compra no supermercado por un importe que calquera diría que este domingo teño xente para xantar.” (Xesusmmc: Diario dun filólogo confinado, 5-5-2020, na bitácora: https://diariodunfilologoconfinado.wordpress.com/2020/05/05/tarxeta/) [visto en 30-9-2024]

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.