panda

Mamífero da China da familia dos úrsidos, semellante a un oso, de cor branca e negra, que se alimenta de gromos de bambú

Etimoloxía

De orixe incerta, crese que podería ter relación co nepalí panda como mesmo significado.

Exemplos *

“O panda sufriu durante décadas a caza furtiva debido ó atractivo que resultaba ter un nun zoolóxico, aínda que tamén foi víctima do afán por servir pratos exóticos nalgúns restaurantes do sur de Asia.” (Eduardo Juste: O Correo Galego, 27-5-2002)

“Rose asumiu o papel conciliador sen moita convicción , pero non podía negar que a idea fora dela, que a insistencia en ver os pandas fora propia , de turista educadiña coas mensaxes dos trípticos da oficina de turismo.” (Xavier Queipo: Papaventos, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.