pándego, -a

O que lle gusta andar en pándegas

Etimoloxía

Palabra de orixe escura, hai quen propón o latín pantice ‘barriga’.

Exemplos *

“Realmente eran uns larpeiros que lucían esplendorosos bandullos. Ben se lles coñecía que antes que xente de xaxúns e necesidade eran pándegos ou lacoeiros, xente de pouco esforzo." (Hixinio Puentes: Aguillóns de Ortegal, 2005)

“Pode parecer aos ollos estranxeiros mesmo un país epicúreo, farturento, habitado por persoas pándegas, un algo primitivas e un moito dubidosas, que beben viño e xantan marisco.” (Carlos Mella: Memorias dun ninguén, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.