pandeirada

Composición musical semellante á muiñeira, acompañada de pandeiros ou outros instrumentos de percusión, que pode ser cantada e baile executado ao son desa música.

Etimoloxía

Formado a partir de pandeiro, este procede probablemente dunha forma do latín tardío pandorius, evolucionado a partir de pandura, termo tomado do grego, onde se aplicaba a varios instrumentos musicais.

Exemplos *

“A mazurka, a barcarola, a habanera, a pandeiretada, a muiñeira, a xota galega e a pandeirada eran os ritmos que había …” (Xosé Luís Blanco Campaña: Camariñas terra de palilleiras)

“O tataratá tataratá ben podía acompañar o que queira que ocorrese co ritmo acelerado dunha pandeirada.” (Marilar Aleixandre: Airadas de palabras)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.