pandote

Buxaina que, en determinados xogos, recibe os golpes dos demais

Etimoloxía

Derivado sobre o verbo “pandar” e este de “panda” que procede do latín pandu, -a, -um ‘curvado’.

Exemplos *

“Unha serán Chisco rachou dun coco meu pandiote pola curucha i a miña man crebou o pito que Chisco levaba nos labres.” (Xosé Figueira Valverde: Os nenos, 1905)

“Tódolos xogadores recollen coas palmas das mans as súas buxainas, e, inclinando aquelas, déixanas caer de modo que dean un golpe ó pandote para empurra-lo cara á coba” (R. Pérez y Verde e X.A. Tabernero Balsa: Xogos populares en Galicia, 1986)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.