Medo moi intenso, xeralmente sen fundamento real e a miúdo de carácter colectivo
Etimoloxía
O termo galego remite ao latino panicus, pero este vén do grego Panikós ‘relativo a Pan’, ‘o deus que perturbaba os espíritos’.
Exemplos *
“A factoría de pánicos de Dan O'Bannon creou a Alien, o arrepiante oitavo pasaxeiro, en 1979. Oito anos despois, os irmáns Jim & John Thomas incubaron a Depredador, un brutal cazador cósmico.” (Manuel M. Barreiro: Luzes, 12-2013)
“Estaba deitado boca arriba, cos ollos fixos na parede e os brazos estendidos sobre a colcha. Chamouno e, xa co pánico instalado nas súas meniñas, achegouse e sacudiuno suavemente. Non reaccionou. Pensou que se enganaba e que só estaba durmido.” (Celia Díaz Núñez: Unha verdade amarga, 2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.