Pano que usan as mulleres para cubrir a cabeza.
Etimoloxía
Tomouse do latín pannus, -i 'farrapo'.
Exemplos *
"… as mulleres soben as esqueiras de madeira que levan directamente á porta da cociña na que baten repetidamente ao tempo de axeitar o pano da cabeza ou turrar polo mandil." (Lois Diéguez: A canción do vagamundo)
"A madriña regaláballe á noiva o pano da cabeza e a rosca da voda, e o padriño regaláballe ó noivo un sombreiro." (Fina María Antón e Manuel Mandianes: O ciclo da vida)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.