Peza de tea ou papel que se emprega na mesa para limpar a boca e as mans.
Etimoloxía
Locución creada sobre pano, semellante a pano da man ou da cabeza, no que o elemento central procede do latín pannus, –i 'farrapo'.
Exemplos *
"Levantei o pano de mesa branco que tapaba o galano e apareceron un bolo de pan trigo, unha fonte cunha zarapallada de leituga, un queixo enorme do país." (Hixinio Puentes: O bandido Casanova)
"Sanxil tirou o pano de mesa do peito e foi con el na man ata o aparello." (Jaureguizar: Comendo espaguetis diante da telivisión)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.