pantalla

Carauta, disfrace e personaxe propia e exclusiva do Entroido de Xinzo de Limia, que representa un demo de expresión amable

Etimoloxía

Crese que é unha palabra catalá froito do cruzamento de pàmpol ‘pantalla’ e ventalla ‘celosía’.

Exemplos *

“¿Vira un espectro? ¿Unha ánima en pena? ¿Unha pantalla do Entroido? ¿O bispo de Mondoñedo? Estivo a piques de telefonar a Carlos Conde ou a Nivardo Castro, pero, sabendo que estaban xuntos, temeu que risen del.” (Carlos G. Reigosa: A lei das ánimas. A novela da santa compaña, 2010)

“Chocas de vaca, traxe de toureiro, unha tralla nas mans, non falar, correr coma un animal, todo apunta a unha representación do touro (ou do castrón ou galo no caso das pantallas de Xinzo), que son xustamente os animais que representan a forza seminal da natureza propia da primavera e o caos que desfai a orde social do resto do ano.” (Santiago Lamas Crego: Galicia borrosa, 2004)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.