Gran depósito de auga formado de maneira artificial ao cortar o curso dun río
Etimoloxía
Vocábulo tomado do italiano pantano; crese que ten unha orixe prerromana recollendo o nome Pantānus, un lago de Italia antiga.
Exemplos *
“Ao chegar ao pantano, Clarissa quitou a camiseta e deixouna no chan, á beira da auga. Observeina ficar en traxe de baño: estaba fermosa.” (Berta Dávila: O derradeiro libro de Emma Olsen, 2013)
“A esta altura do ano xa é noite pecha e a aldea queda ás escuras, só coroada polo brillo diamantino que as estrelas locen na negrura do inverno. Ao lonxe, subindo desde o camiño do pantano, avanza un regueiro de luces vacilantes. É digno de ver.” (Ana Cabaleiro: Sapos e sereas, 2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


