Alma dun defunto que se supón que anda entre os vivos, penando polas súas culpas
Etimoloxía
Variante de “fantasma” que vén do termo latino phantasma ‘ser imaxinario’, que bebe do grego phántasma.
Exemplos *
“Durante os últimos años, rodeando ao sacerdote, puideron verse auténticos demos, vampiros e pantasmas rezando mentres se alzaba o cáliz do Sangue de Cristo.” (Fernando Franjo: Galicia Hoxe, 5-4-2011)
“Caldas preferiu evitar os rodeos. –Ti cres en pantasmas, en aparecidos?
– Carallo, Leo! –refungou–. Non se fala desas cousas nun barco.” (Domingo Villar: A praia dos afogados, 2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


