panteón

Sepultura para varias persoas.

Etimoloxía

Procede do grego pantheion 'templo de todos os deuses'.

Exemplos *

"… panteóns construídos con mármores e preciosas pedras de gran, luxosos ata a dor, conformaban un camposanto que resultaría insólito en calquera outra latitude, pero non naquela." (Alfredo Conde: Sempre me matan)

"… un comportamento moi corrente dos emigrantes -non necesariamente vellos senon, a maioría das veces, xente arredor dos 40 anos- consiste en utilizar unha parte dos seus aforros en construíren un panteón na súa aldea de orixe …" (Marcial Gondar Portasany: Crítica da razón galega. Entre o nós-mesmos e os nós-outros)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.