pantomima

Representación teatral na que os personaxes non se expresan con palabras, senón con movementos e xestos

Etimoloxía

Voz que bebe da latina pantominam que significaba ‘que o imita todo’.

Exemplos *

“Unha gran preparación física permítelles voar de papel en papel. Mesturan técnicas procedentes do circo, da danza e da pantomima para despregar uns argumentos simples pero divertidos, irónicos, ás veces punzantes. Algunhas escenas non teñen prezo.” (Manuel Xestoso: A Nosa Terra, 10-7-2008)

“En 1683 iniciouse na localidade ourensá de Ribadavia a celebración anual da Festa da Historia, que consistía na representación popular dunha pantomima sobre as loitas entre o pobo hebreo e os filisteos.” (Ricardo Luís Pita Fernández: Numismática galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda, 1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.