Pan feito con fariña de trigo
Etimoloxía
Amálgama das palabras “pan” do latín panis de significado semellante e “trigo” que bebe do vocábulo latino análogo triticum.
Exemplos *
“O Chavián e súa nai vivían mellor que non poucos fidalgos da comarca, pois unha ou dúas veces por semana comían carne de porco, de vaca ou de año e tres veces ó mes facían coceduras de pantrigo nun forno de grandes dimensións que se abría nunha das paredes da lareira da súa cociña.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)
“O señor Antonio Petapouco percorre, desde o seu asento preferido, mentres chucha as espiñas da posta do rabo dunha robaliza fritida deitada enriba dun anaco de pantrigo e tose, os camiños do canal.” (Anxo Angueira: Iria, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.