pantufla

Zapatilla sen talón para andar pola casa

Etimoloxía

Palabra que tomamos do francés pantoufle de significado semellante.

Exemplos *

“Alí había cousas guindadas por todas partes. Un par de pantuflas de cor rosa estaban pousadas enriba da mesa de braseiro. Había cuncas e vasos por todas partes.” (Manuel Iglesias Turnes: Que non te aten, 2017)

“Agradeceu o leite con cacao e as pantuflas, a calor da estufa e a grosa bata de la, inesperada pola feitura tan pouco sofisticada; quixo esculcar nos sentimentos da Estirada, mais unha barreira invisible impediulle avanzar.” (Uxía Casal: Vidas exemplares, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.