panxoliña

Canción popular de tema relixioso, que se canta polo Nadal

Etimoloxía

Palabra que se forma dun verso dun himno litúrxico Pange lingua, primeiro era un canto relixioso de celebración e logo pasou a ser só do Nadal.

Exemplos *

“Nina canta unha panxoliña: Alá pola noite, cando o galo canta, nunha vila santa que chaman Belén, naceu un meniño mortiño de frío....” (Manuel Rivas: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, 2018)

“Todo o mundo ría, abrazábase, cantaba panxoliñas e gozaba dunhas festas memorábeis na cidade máis fermosa xamais construída.” (Tomás González Ahola: Da fría e distante estrela polar, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.