papas de arroz

Doce elaborado con arroz cocido en leite azucrado e aromatizado con rela de limón ou de laranxa e canela

Etimoloxía

Expresión formada co substantivo “papa” que chega da latina papa ‘palabra infantil coa que se pedía comida’ e “arroz”, termo de procedencia árabe ar-rruz de significado semellante.

Exemplos *

“Timidamente arrimou o nariz á portiña, introduciuno a través da penumbra e cheirou; non lle pareceu que abundaran moitos olores orgánicos naquela atmosfera, non detectou aromas de feixóns cocidos, de perna de porco asada, papas de arroz ou café crioulo.” (Olegario Sotelo Blanco: Non houbo queixa e outros contos exemplares / O amor de Belarmina, 2001)

“As comidas galegas de sempre son de obriga nese día: papas de arroz, empanadas, chourizo, cachucha, polbo, chulas...” (Mariano García e Fina Casalderrey: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico, 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí