papaia

Froito da papaia

Etimoloxía

Denominación que ten a súa orixe no seu equivalente do caribe papaya.

Exemplos *

“Non che me quedara outro remedio que poñerme a traballar. No que fose. Tanto tiña. Primeiro como empregado nunha tenda de electrodomésticos; despois nunha froitería como axudante. Vendiamos froitas exóticas: papaias, mangos, cocos, aguacates etc. (...). E acabei como axudante de pinche de cociña (fregando pratos) nun —moi modesto— restaurante de Buenos Aires: El Pico Sacro.” (Anxo Ballesteros: Non sei cando nos veremos, 2005 )

“A súa intención inicial de dedicaren eses primeiros días ao turismo viuse frustrada xa a primeira mañá en que saíron do hotel: a cidade ulía a ñame, a papaia, a mandioca..., carecía por completo de centros comerciais e estaba habitada por persoas morenas, de ollos e cabelo escuros.” (Manuel Núñez Singala: Menú de enganos / Solidariedade occidental, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.