papamoscas

Paxaro insectívoro da familia dos muscicápidos, de tamaño pequeno, cor gris e abrancazada con manchas pardas, que captura o alimento lanzándose desde un alto e do que existen varias especies

Etimoloxía

Vocábulo formado polo verbo “papar”, forma familiar de “comer”, e o substantivo “moscas”, insecto que forma parte da dieta desta ave.

Exemplos *

“Así, nas extensas marismas da zona interna pódense ver algunhas especies transaharianas, como diversas especies de fulepas, mosquiteiros e papamoscas entre outras.” (Óscar Pazos: Xeografía física do literal (Galicia e o mar. Xeografía e historia do mar galego), 2001)

“A posta de ovos azuis é algo moito máis habitual do que semella. Especies como os merlos, os estorniños ou os raborrubios pertencen a este grupo, pero o traballo céntrase no papamoscas negro, unha ave migradora subsahariana.” (M. Del Río: Duvi, 14-10-2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.