papasol

Insecto da familia dos coccinélidos, de forma arredondada, con élitros de cores vivas, xeralmente vermellos, con sete puntiños negros

Etimoloxía

Palabra formada por estoutras o verbo "papar" e o substantivo "sol". O nome científico desta especie é coccinella septempunctata.

Exemplos *

“Os nenos encárganlle o bo tempo poñéndoo na man e deixándoo voar mentres lle cantan: «Papasol, papasol, vai e dille ó teu señor que traia cincuenta días de sol».” (Xoán Ramiro Cuba Rodríguez e Xosé Miranda Ruíz: Diccionario de seres míticos galegos, 1999)

“A cocinella septempunctata, explica el, é co vagalume o ser que máis nomes ten en Galicia. Por que será? Por que eses dous? Chámanlle reirrei. Chámanlle maruxiña. Chámalle papasol. Chámalle barrosiña. Chámanlle costureira. Chámanlle voaniña. Quen máis nomes teñen son as cousas miúdas.” (Manuel Rivas: Os libros arden mal,2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.