papel

Substancia en forma de lámina delgada feita cunha pasta obtida a partir de fibras vexetais, que ten múltiples usos

Etimoloxía

Termo que tomamos do catalán paper co mesmo significado que o toma do latín papyrus ‘papiro’.

Exemplos *

“O seu vehículo ocupaba xusto a saída marcada para o porto, ¿non viu o sinal?, a parte doutras infraccións menores. Fun eu mesmo quen tramitou o asunto. Remexeu os papeis dunha bandexa e retirou un.” (Xurxo Borrazás: Na maleta, 2000)

“Desfixo o envurullo de papeis, sostívome en alto e mirou para min detidamente para comprobar se seguía intacto.” (Beatriz Fraga: Contos de taberna / Un sitio perfecto para o peixe globo, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.