papelame

Conxunto de trámites necesarios para a resolución dun asunto ou para levar a cabo calquera xestión ante a administración

Etimoloxía

Palabra derivada sobre o substantivo “papel”, que entra a través do catalán paper, co mesmo significado, e o sufixo -ame  que dá a noción de ‘conxunto de’.

Exemplos *

“A percepción dos axentes implicados é que a planificación e ordenación territorial e urbana é un camelo de papelames continuamente cambiantes suxeitos a discrecionalidade dos mediadores axeitados.” (Albino Prada Blanco: Tempos Novos, 04-2006)

“O curso pasado tomouse a molestia de imprimir e encadernar o manual que recolle as instrucións e todo o papelame que deben encher @s docentes.” (B.V.: Sermos Galiza, 28-09-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.