Manuscrito antigo realizado sobre unha destas follas / Folla ou lámina para escribir confeccionada polos antigos exipcios a partir do talo desta planta
Etimoloxía
Termo que nos leva ao latín papȳrus, e este do grego pápyros de significado semellante.
Exemplos *
“O aspirante a escriba, con toda a narración que lle fixeron, arregalou os seus ollos de moucho, nunca cansos de ler papiros e coiros secos con escrituras de moita ciencia e filosofía.” (Bernardino Graña: Protoevanxeo do neto de Herodes, 2006)
“Abrino e atopei dentro unha boa presa de papiros escritos do tamaño aproximado de 16 x 20 cms. A tinta escarapelaba nalgúns sitios cando se tocaba. Así que tiven que andar con tino ó move-los papiros. Non había máis nada.” (Xesús Ferro Ruibal: Os papiro de Medulio, 1992)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


