Paxaro da familia dos sílvidos, moi áxil, duns catorce centímetros, de plumaxe parda escura ou cincenta e peteiro fino, que se alimenta de insectos, vermes etc., e do que existen diferentes especies
Etimoloxía
Termo que se crea sobre “papo” e este do latino pappa ‘comida’.
Exemplos *
“Papuxa: chamada tamén papoia e papuda, é un pequeno paxaro emigrante de tons grises e bigote marelo que chega a Galicia na primavera.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)
“Pero, por comparación, unha curuxa ou un piquelo azul, (...) non migran ó mesmo tempo que a papuxa.” (Emilio Valadé del Río (trad): Ernst Mayr: Historia do pensamento biolóxico, 1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


