Buque para o transporte de pasaxeiros e correo
Etimoloxía
Palabra que bebe da francesa paquebot de significado semellante.
Exemplos *
“Roubanron-nos o Sol / O paquebote esmaltado / que cosía con liñas de fume / áxiles cadros sin marco.” (Manuel Antonio: “Sós” en De catro a catro, 1928)
“Nos seus anos de estudante, que foron moitos, andou pola facultade de Medicina e, xa canso de escoitar os doutores, sacou título de practicante e exerceu nos paquebotes transatlánticos. Aprendeu a cantar habaneras e foi un artista bailando tangos.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela) / A voz, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.