parábola

Liña curva en que cada un dos puntos está situado a igual distancia dun punto fixo, o foco, e dunha recta, a directriz.

Etimoloxía

Procede do grego parabolé, formado a partir de para 'á beira de' e bolé 'lanzar', segundo se indica, pola semellanza da figura coa que describe unha pedra cando a lanzamos.

Exemplos *

"Decidiu converte-la hipótese nunha espiral ascendente e a piques estivo de se decantar por unha parábola, pero non o fixo." (Alfredo Conde: A casa de Adara)

"… vai de abaixo cara a arriba describindo unha parábola perfecta." (Mar Guerra: O Correo Galego 15-02-1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí