paráfrase

Tradución libre dun texto / Comentario que explica, amplía e interpreta un texto

Etimoloxía

Vocábulo de orixe culta que vén do latín paraphrasis que remite ao grego paráphrasis de significado semellante.

Exemplos *

“Dada a dificultade da súa comprensión, incluso para moitos que o cantan adoito, por mor da súa significación simbólica e por culpa da construción literaria en hipérbato, transmito aquí, a dobre columna, o seu texto e unha paráfrase das estrofas que se adoitan cantar.” (Xosé Chao Rego: Para comprendermos Galicia, 1988)

“No longo baldeiro que veu logo danse soamentes, que saibamos, poemas de inspiración bíblica e paráfrases, do feitío das de Pérez Ballesteros, ou as de Antonio de Lorenzo (baixo o pseudónimo de Amaro Chaín), como máis tarde os de Ramón Cabanillas.” (Xosé Filgueira Valverde: Adral 6, 1990)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.