paraguaio

Froita de carabuña, de carne doce, semellante ao pexego, pero de forma achatada

Etimoloxía

Termo que ten orixe toponímica, en concreto, do nome do país, Paraguai.

Exemplos *

“Na sala había media ducia de fontes de porcelana acuguladas de froita: unha con mazás verdes, outra con paraguaios, outra con ameixas negras (...)” (Xurxo Borrazás: Na maleta, 2000)

“(...) eu non comera a sobremesa, uns paraguaios, e a miña nai insistía en que debiamos comer froita.” (Eduardo Alonso: Teatro imprevisto/ Alta Comedia, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.